jueves, 22 de septiembre de 2011

O SEU FUTURO NAS TÚAS MANS

Decidín comezar este blog analizando un artigo de interese actual,tratando a importancia que teñen os nenos e nenas nas nosas vidas. Podemos dicir que historicamente o concepto de nenez variou ao longo dos anos, así como tamén nos diferentes espazos socioculturais. Se ben é certo con todo isto, fóronse transformando as necesidades e os dereitos destes individuos, así como tamén as responsabilidades da sociedade para con eles.Por iso sabemos que a lexislación establece que estes suxeitos conten coa protección e coidado dos adultos en todos os ámbitos da súa vida cotidiá, algo utópico, pois actualmente a realidade é moi diferente. Centrándonos no tabaco, que é a nosa área temática, sabemos que os seus riscos non so alcanzan aos fumadores, senón que tamén as persoas que sen sabelo aspiran de forma pasiva o fume do tabaco e estas consecuencias aínda se agravan máis se se trata dos nosos pequenos.

Hoxe coñecín uns datos realmente escalofriantes, entre un 50 e un 70% dos nenos/as son fumadores pasivos, pois están expostos a un ambiente de tabaquismo, o que deriva nunhas consecuencias verdadeiramente importantes, provocando todo tipo de enfermidades, asma, infeccións, bronquites, alerxias etc

Temos una idea ben equivocada da realidade, algúns país evitan fumar diante dos seus fillos,ventilando posteriormente o cuarto , pensando así que estes efectos nocivos derivados desta practica non lle afectan., pero, é totalmente erróneo, xa que todos estes elementos tóxicos queda impregnados nos obxetos. Por iso mesmo debemos evitar fumar, preto das embarazas , pois, estas consecuencias van influír directamente no feto, provocando nalgúns casos o que se coñece como síndrome de abstinencia neonatal á nicotina.

Finalizar cunha pequena reflexión. ¿ quen é mais pequeno? Sabemos que os nenos non son independentes, por iso non nos debería importar privarnos de calquera cousa por eles, pois fagámolo entón co tabaco, DEIXE DE FUMAR. Esperamos as vosas opinións.

Ciclo: primeiro e segundo ciclo de infantil.

Área de coñecemento: coñecemento do contorno, xa que fai referencia a comprensión daquilo que configura a realidade dos nenos e as nenas nestas idades.

Bloque de contido:cultura e vida en sociedade pola adopción de comportamentos socialmente axeitados.

Criterios de avaliación: comprobar que ten en conta as demais persoas nas súas accións e rutinas diarias.

Fonte de documentación: http://pequelia.es/8215/los-ninos-viven-en-un-ambiente-de-tabaquismo/ e elaboración propia.

Autora: Sheila Fernández Pérez

4 comentarios:

  1. "por iso non nos debería importar privarnos de calquera cousa por eles, pois fagámolo entón co tabaco, DEIXE DE FUMAR. "

    E vos?
    Fumades?
    Predicaredes co exemplo e se fumades deixaredelo?

    ResponderEliminar
  2. Eu son fumadora, pero a realidade é que coa informacion recopilada para a realizacion diste blog, atopei numerosas razóns que me fan reflwxionar en deixar este vicio tan nocivo. É unha practica que afecta non só a tua propia saude senón tamén aos do teu arredor, e se nos centramos no caso dos nosos pequenos non teñen a autonomia suficiente para decidir o espazo no que están , por iso os propios pais son os que deberian ter en conta todo isto , privándose e respetando aos nenos que dependen deles.Non debemos ser egoistas.

    Sheila Fernández Pérez

    ResponderEliminar
  3. La realidad de que entre un 50 y un 70% de los niños sean fumadores pasivos debería hacer reflexionar a los padres que los educan y conviven con ellos en un ambiente de tabaquismo.
    En mi caso mi madre fuma y siempre tuvo respeto hacia mi cuando yo era mas pequeño y no fumaba nunca en los lugares en los que yo me encontraba por tanto una pequeña reflexión seria que dentro de lo posible y lo malo que es el vicio los fumadores/as deberían por lo menos evitar que al fumar mantuvieran contacto directo con los pequeños.

    ResponderEliminar
  4. Moi interesante Sheila! Sorprendeume moito o dato que das xa que todos sabemos que os fumadores pasivos están ahí pero non nos facemos unha idea dos danos que lle estamos provocando a súa saúde e por iso, en certo modo, os fumadores somos algo egoístas. Non obstante creo que na sociedade na que vivimos cada vez se avanza máis cara á igualdade neste aspecto, un claro exemplo a prohibición de fumar en lugares públicos. Con esto conséguese protexer entre outros aos nenos cando non está na man dos seus pais.

    ResponderEliminar