jueves, 22 de septiembre de 2011

DISPOSTO A TODO POLOS TEUS FILLOS

Como ben expuxo con anterioridade una das miñas compañeiras, os nenos son o futuro. Se botamos unha vista atrás, vemos como a palabra neno foi evolucionando ao longo dos anos, entendendo por este una persoa de corta idade,pero quizais o mais destacado sexa a consideración que se lle daba a un neno como un obxeto cuxa vida dependía completamente das eleccións, decisións e desexos dos adultos, o que reducía ao neno a famosa frase de “ un neno debe ser visto pero non escoitado”.

Hoxe en día somos conscientes da evolución que houbo neste aspecto, xa que o desenvolvemento das ideas e da sociedade en sí, permitiu a aparición do concepto dos dereitos humanos e posteriormente a dos dereitos do neno. A partir deste momento en adiante, os nenos foron considerados seres humanos completos, en lugar de futuros adultos con só futuros dereitos.

¿Pero realmente esta concepción está latente en todos os ámbitos da nosa sociedade?

Para darlle resposta a todo isto, gustaríame analizar un artigo de curiosa envergadura que ten por tema central o tabaquismo pasivo. Nel exponse a escalofriante cifra de que ao ano existe un elevado número de mortes infantís (165000) a causa deste factor externo. Os nenos son vítimas ante deste tipo de practicas.

A propia OMS(Organización Mundial da Saúde) fai públicas estas cifras para que sobre todo eses país fumadores tomen conciencia da idea equívoca de que se eles fuman non prexudican aos seus fillos. Pero o que sucede é que os riscos que asumen os fumadores pasivos son equivalentes aos de catro ou cinco cigarrillos ao dia, e estas cifras son aínda mais significativas a ideas temperás.

Co todo, a solución para evitar o tabaquismo pasivo en nenos é moi clara, NON FUMAR. Sen dúbida , isto pode soar algo drástico ,pero é a cruel realidade que deriva en 165000 mortes infantís. Ao fin e ao cabo, ¿non están os país dispostos a todo polo seus fillos?¿que opinades?

Ciclo: segundo ciclo de infantil.

Área de coñecemento: coñecemento do contorno, xa que fai referencia a comprensión daquilo que configura a realidade dos nenos e as nenas nestas idades.

Bloque de contido: cultura e vida en sociedade pola adopción de comportamentos socialmente axeitados.

Criterios de avaliación: comprobar que ten en conta as demais persoas nas súas accións e rutinas diarias.

Fonte de documentación: http://www.bebesymas.com/salud-infantil/el-tabaquismo-pasivo-causa-165000-muertes-anuales-en-ninos-segun-la-oms e elaboración propia.

Autora: Emma Garrido Vila.

5 comentarios:

  1. As cifras que amosas neste post son alucinantes, penso que a sociedade non é consciente de tódalas persoas que morren por culpa do tabaquismo. Entre todos deberiamos de facer algo para que isto mellore ou polo menos intentar concienciar a sociedade e creo que fai falla moita máis información, porque a maioría das persoas seguro que descoñecen estes datos.

    ResponderEliminar
  2. Estou de acordo coa miña compañeira, parécenme unhas cifras alarmantes, das cales a xente debería ser consciente, porque só de velas creo que deixarían de fumar diante dos nenos de repente, porque asustan de verdade.
    Un saúdo

    ResponderEliminar
  3. Resulta bastante chocante ver que existe un numero tan alto de niños que mueren a causa del tabaco. Las personas en general y los padres en primer plano, deberían hacerse consciente de estos hechos y tomar medidas radicales. La salud de los niños es lo primero.

    ResponderEliminar
  4. Este comentario ha sido eliminado por el autor.

    ResponderEliminar
  5. Os pais é verdade que queren o mellor para os seus fillos,pero á hora de acabar co vicio que os amarra ao tabaquismo,a tarefa de ser un pai que protexe aos seus fillos totalmente vése pendente.É moi difícil que deixen de fumar, pero o que non é difícil e autoprohibirse fumar na casa ou preto dos nenos/as.Se coidaran este detalle seguramente os nenos gozarían dun gran benestar e os pais con moita seguridade reducirían o consumo de tabaco.

    ResponderEliminar