viernes, 23 de septiembre de 2011

Os nenos e o tabaco




Este video pretende enviar unha mensaxe a aquelas persoas que fuman ao redor dos/as nenos/as pequenos e que non teñen en conta que si eles fuman os/as nenos/as tamén o fan e que polo tanto están perxudicando as súas vidas e as de estes nenos/as que non poden elixir. Con isto quero dicir que si unha persoa quere fumar está no seu dereito de facelo pero non podemos consentir que o faga rodeada/o de nenos/as.


ciclo: Segundo ciclo de infantil.


Área de coñecemento: Coñecemento do entorno.


Bloque de contido: Cultura e vida en sociedade.


Criterios de avaliación: Comprobar que teñen en conta ás demais persoas nas súas accións.


Fonte de documentación: http://www.youtube.com/watch?v=ZTPk3sMtBKE


Autora: María Blanco García

Tabaco - infancia

Como dixeron as miñas compañeiras, moitos dos nenos e nenas están expostos a un ambiente de tabaquismo, converténdose así en fumadores pasivos.
En moitas ocasións, as consecuencias non sempre están tan claras, por iso con este vídeo, preténdese concienciar a todas as persoas a que elixan un espazo sen fume para os máis pequenos, xa que eles non teñen oportunidade de elexir.



Ciclo: segundo ciclo de infantil.

Área de coñecemento: coñecemento do contorno, xa que fai referencia a compresión daquilo que configura a realidade dos nenos e as nenas nestas idades.

Bloque de contido: cultura e vida en sociedade pola adopción de comportamentos socialmente axeitados.

Criterios de avaliación: comprobar que ten en conta as demais persoas nas súas accións e rutinas diarias.

Fonte de documentación: http://www.youtube.com

Autora: Patricia García Valladares

La industria del tabaco y los niños y niñas

O video mostrar a mensaxe oculta das tabacaleiras.
As tabacaleiras pretenden diculparse pola incitación tan obvia dos/as mais pequenos/as para que empecen a fumar, afirmando que elas son solo víctimas.
Ciclo: segundo de infantil.
Área de conñecemento: competencia social e ciudadana.
Bloque de contido: cultira e vida
Criterios de avaliación: mostrar a despiadada mensaxe das tabacaleiras
Fonte de documentación:  http://www.youtube.com/watch?v=kGUA5BI9mI0
Autora: Elisabeth Gándara Rojo

jueves, 22 de septiembre de 2011

DISPOSTO A TODO POLOS TEUS FILLOS

Como ben expuxo con anterioridade una das miñas compañeiras, os nenos son o futuro. Se botamos unha vista atrás, vemos como a palabra neno foi evolucionando ao longo dos anos, entendendo por este una persoa de corta idade,pero quizais o mais destacado sexa a consideración que se lle daba a un neno como un obxeto cuxa vida dependía completamente das eleccións, decisións e desexos dos adultos, o que reducía ao neno a famosa frase de “ un neno debe ser visto pero non escoitado”.

Hoxe en día somos conscientes da evolución que houbo neste aspecto, xa que o desenvolvemento das ideas e da sociedade en sí, permitiu a aparición do concepto dos dereitos humanos e posteriormente a dos dereitos do neno. A partir deste momento en adiante, os nenos foron considerados seres humanos completos, en lugar de futuros adultos con só futuros dereitos.

¿Pero realmente esta concepción está latente en todos os ámbitos da nosa sociedade?

Para darlle resposta a todo isto, gustaríame analizar un artigo de curiosa envergadura que ten por tema central o tabaquismo pasivo. Nel exponse a escalofriante cifra de que ao ano existe un elevado número de mortes infantís (165000) a causa deste factor externo. Os nenos son vítimas ante deste tipo de practicas.

A propia OMS(Organización Mundial da Saúde) fai públicas estas cifras para que sobre todo eses país fumadores tomen conciencia da idea equívoca de que se eles fuman non prexudican aos seus fillos. Pero o que sucede é que os riscos que asumen os fumadores pasivos son equivalentes aos de catro ou cinco cigarrillos ao dia, e estas cifras son aínda mais significativas a ideas temperás.

Co todo, a solución para evitar o tabaquismo pasivo en nenos é moi clara, NON FUMAR. Sen dúbida , isto pode soar algo drástico ,pero é a cruel realidade que deriva en 165000 mortes infantís. Ao fin e ao cabo, ¿non están os país dispostos a todo polo seus fillos?¿que opinades?

Ciclo: segundo ciclo de infantil.

Área de coñecemento: coñecemento do contorno, xa que fai referencia a comprensión daquilo que configura a realidade dos nenos e as nenas nestas idades.

Bloque de contido: cultura e vida en sociedade pola adopción de comportamentos socialmente axeitados.

Criterios de avaliación: comprobar que ten en conta as demais persoas nas súas accións e rutinas diarias.

Fonte de documentación: http://www.bebesymas.com/salud-infantil/el-tabaquismo-pasivo-causa-165000-muertes-anuales-en-ninos-segun-la-oms e elaboración propia.

Autora: Emma Garrido Vila.

O SEU FUTURO NAS TÚAS MANS

Decidín comezar este blog analizando un artigo de interese actual,tratando a importancia que teñen os nenos e nenas nas nosas vidas. Podemos dicir que historicamente o concepto de nenez variou ao longo dos anos, así como tamén nos diferentes espazos socioculturais. Se ben é certo con todo isto, fóronse transformando as necesidades e os dereitos destes individuos, así como tamén as responsabilidades da sociedade para con eles.Por iso sabemos que a lexislación establece que estes suxeitos conten coa protección e coidado dos adultos en todos os ámbitos da súa vida cotidiá, algo utópico, pois actualmente a realidade é moi diferente. Centrándonos no tabaco, que é a nosa área temática, sabemos que os seus riscos non so alcanzan aos fumadores, senón que tamén as persoas que sen sabelo aspiran de forma pasiva o fume do tabaco e estas consecuencias aínda se agravan máis se se trata dos nosos pequenos.

Hoxe coñecín uns datos realmente escalofriantes, entre un 50 e un 70% dos nenos/as son fumadores pasivos, pois están expostos a un ambiente de tabaquismo, o que deriva nunhas consecuencias verdadeiramente importantes, provocando todo tipo de enfermidades, asma, infeccións, bronquites, alerxias etc

Temos una idea ben equivocada da realidade, algúns país evitan fumar diante dos seus fillos,ventilando posteriormente o cuarto , pensando así que estes efectos nocivos derivados desta practica non lle afectan., pero, é totalmente erróneo, xa que todos estes elementos tóxicos queda impregnados nos obxetos. Por iso mesmo debemos evitar fumar, preto das embarazas , pois, estas consecuencias van influír directamente no feto, provocando nalgúns casos o que se coñece como síndrome de abstinencia neonatal á nicotina.

Finalizar cunha pequena reflexión. ¿ quen é mais pequeno? Sabemos que os nenos non son independentes, por iso non nos debería importar privarnos de calquera cousa por eles, pois fagámolo entón co tabaco, DEIXE DE FUMAR. Esperamos as vosas opinións.

Ciclo: primeiro e segundo ciclo de infantil.

Área de coñecemento: coñecemento do contorno, xa que fai referencia a comprensión daquilo que configura a realidade dos nenos e as nenas nestas idades.

Bloque de contido:cultura e vida en sociedade pola adopción de comportamentos socialmente axeitados.

Criterios de avaliación: comprobar que ten en conta as demais persoas nas súas accións e rutinas diarias.

Fonte de documentación: http://pequelia.es/8215/los-ninos-viven-en-un-ambiente-de-tabaquismo/ e elaboración propia.

Autora: Sheila Fernández Pérez