O artigo infórmanos sobre a importancia que ten o fume nos fumadores pasivos.
Decidín destacar unha frase da noticia que me resultou moi interesante: “Los fumadores pasivos que consumen habitualmente fruta y verdura sufren menos daño como consecuencia del tabaco, pero los efectos del humo persisten”
Nela explícase que aínda que existen métodos para provocar un menor dano nos fumandores pasivos, non podemos esquecer que o deterioro segue existindo. Ademais todos os/as menores que viven con algún fumador/a expónse aos seus “malos fumes” son máis propensos/as a desenvolver trastornos respiratorios.
Por outra banda, queda demostrado segundo a noticia que a convivencia con un ou máis fumadores está directamente relacionada coa tos crónica e, dunha forma máis indirecta coa aparición de flemas.
Conclúo dicindo que aínda que a noticia nos fale de que existen alimentos que dalgunha maneira poden apaliar os danos do fume, non debemos olvidar que o tabaco é moi perxudicial, e moito máis para os/as nosos/as pequenos/as, polo que caeríamos nun erro se pensamos que o fume do tabaco seguindo algunhas doutrinas, non perxudica directamente aos fumadores/as pasivos/as.
Ciclo: segundo ciclo de infantil.
Área de coñecemento:coñecemento do contorno, xa que fai referencia a comprensión daquilo que configura a realidade dos nenos e as nenas nestas idades.
Bloque de contido: cultura e vida en sociedade pola adopción de comportamentos socialmente axeitados.
Criterios de avaliación: omprobar que ten en conta as demais persoas nas súas accións e rutinas diarias.
Autora: Elísabeth Gándara Rojo.